Neste momento estás a ver Paco Souto e Lucía Veciño representan á comarca de Bergantiños na candidatura do BNG ao Congreso

Paco Souto e Lucía Veciño representan á comarca de Bergantiños na candidatura do BNG ao Congreso

Paco Souto e Lucía Veciño representarán a Bergantiños na candidatura do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, que foi ratificada hoxe polo Consello Nacional. Dende a organización comarcal queremos expresar a nosa satisfacción polo apoio acadado, que nos permite reforzar a presenza bergantiñá na lista que aspira a recuperar presenza nacionalista en Madrid. O malpicán Paco Souto figura no número 3 da candidatura, e a pontecesá Lucía Veciño, que xa concorreu ás eleccións de decembro, sobe do número 8 ao 6.

PACO SOUTO REDES

Paco Souto, responsable local e portavoz do BNG no Concello de Malpica, é percebeiro de profesión, escritor e activista cultural. Malia a súa longa militancia política, saltou á primeira liña ao encabezar a candidatura malpicá nas eleccións municipais do ano pasado, aínda que xa fora concelleiro durante dous anos en substitución de Miriam Rodríguez. Sempre “a disposición da organización” e “con gañas de facer e propoñer cousas”, Paco Souto asume este novo reto convencido de que chegou a hora “de que haxa gobernos para a xente, porque o PP traballa de costas á xente”, e pon como exemplo o abandono de sectores primarios como o lácteo ou o pesqueiro, tan importantes en Malpica e en todo Bergantiños.

LUCIA VECINO 2

Lucía Veciño, que pechaba a candidatura ao Congreso en decembro, figura agora no número 6. Natural da parroquia pontecesá de Tella, Lucía é licenciada en Historia e formouse politicamente en Galiza Nova. Convencida de que a mocidade galega precisa ter voz no Parlamento do Estado, reivindica as políticas do BNG como as únicas eficaces e comprometidas na loita contra a emigración e no artellamento das medidas precisas para que as mozas e os mozos poidan traballar na súa terra.