Xusto o día que coñecemos a primeira gran actuación deste San Xoán tócanos presentarvos á nosa concelleira de Festas, Mar Eirís Villar, número 10 da candidatura do BNG. Sobre ela recae, xunto co resto do equipo que integra a comisión de festas, a enorme responsabilidade de organizar o evento cultural máis importante do ano no noso concello, do que todo o mundo está pendente e no que todo o mundo, en maior ou menor medida, participa.
Pero Mar Eirís tamén é concelleira de Educación, un cargo que ocupa dende que entrou a formar parte da corporación municipal no ano 2007. A defensa dun ensino público e de calidade é o seu “mantra”, quizáis porque, coma docente que é, coñece moi ben as debilidades, as ameazas e as necesidades.
Positiva, divertida e comprometida, Mar forma parte do mellor equipo para gobernar o noso concello, porque leva o ensino e a Carballo na cabeza e no corazón