Neste momento estás a ver Marcos Trigo Facal, número 9 da candidatura do BNG

Marcos Trigo Facal, número 9 da candidatura do BNG

Marcos Trigo é un dos “todo-terreo” que temos no goberno municipal de Carballo. Aínda que a maioría da xente o coñeza como o concelleiro de Deportes, porque é a área na que está dende o principio e pode que tamén pola súa formación como licenciado en INEF, nos 12 anos que leva como concelleiro tivo (e ten) responsabilidades tamén en Mocidade, Medio Ambiente e Cultura, e en todas elas vén desenvolvendo un labor extraordinario,

Sen dúbida, Marcos, número 9 da nosa candidatura, é un dos valores do BNG, unha das persoas responsables de que teñamos o mellor equipo para gobernar Carballo. Sempre activo, creativo, positivo e moi meticuloso, temos a seguridade de que durante os vindeiros catro anos seguirá facendo moitas cousas boas por este concello, porque Marcos tamén é unha das persoas que levamos Carballo na cabeza e no corazón.