Neste momento estás a ver Miguel Angel Vales Mallo, número 11 da candidatura do BNG

Miguel Angel Vales Mallo, número 11 da candidatura do BNG

O culpable de que Carballo teña un modelo de sustentabilidade que veñen copiar doutros concellos é Miguel Vales. O número 11 da nosa candidatura leva catro anos exercendo como concelleiro de Medio Ambiente e avanzando, man a man coa área de Obras e Servizos, en políticas que nos converten nun referente en materias coma a xestión dos residuos, os servizos de calidade para as praias ou a posta en valor dos ríos. E todo iso compaxinando o traballo na concellaría co traballo na empresa na que exerce como xefe de obra.

Non podiamos ter mellor concelleiro de Medio Ambiente, tanto por formación, xa que é enxeñeiro técnico forestal, coma por afeccións, porque lle encanta a natureza e practicar deporte ao aire libre. Pero, sobre todo, non podiamos ter mellor persoa á fronte dunha área que, sen dúbida, require dunha sensibilidade especial. Miguel tena, e por iso forma parte do mellor equipo para gobernar o noso concello.