Aí onde o vedes, Iván Andrade Tasende, o número 12 da candidatura do BNG, é enxeñeiro industrial e xefe de proxectos de consultoría enerxética na empresa na que traballa. Tamén é unha persoa moi vinculada ao deporte carballés. Forma parte da xunta directiva de Balonman Xiria e ademais é monitor de zumba. Pero o que máis nos gusta de Iván é o seu espíritu positivo, a alegría que irradia e o seu compromiso con Carballo.
Aí onde o vedes, Iván forma parte do mellor equipo para gobernar o noso concello, porque leva Carballo na cabeza e no corazón. E temos o convencemento de que será un excelente concelleiro.