A Ángeles Pacoret gústalle máis escoitar que falar, aínda que na súa profesión o que lle toca é o segundo. Ángeles é licenciada en Filoloxía Inglesa e exerce coma mestra en Carballo. Gústalle viaxar, ler e desfrutar da ampla oferta cultural do noso concello, porque “Carballo -apunta- é un referente en cultura”.
O seu compromiso coa cultura e co ensino levouna a formar parte da candidatura do BNG nestas eleccións municipais, e aí a tedes, no número 13 do mellor equipo para gobernar Carballo. Allea ás supersticións, a Ángeles non lle cabe dúbida ningunha sobre o éxito do noso proxecto, “porque é sen dúbida -di- o mellor proxecto, e o BNG ten o mellor equipo, que combina experiencia e ideas novas”.
Ángeles chega con ideas novas para que Carballo continúe sendo un referente na cultura e na educación, porque facer do noso concello un lugar cada día mellor para vivir é o único obxectivo de todas as persoas que, coma Ángeles, levamos Carballo na cabeza e no corazón.