Neste momento estás a ver Daniel Pérez Lopez, número 14 da candidatura do BNG

Daniel Pérez Lopez, número 14 da candidatura do BNG

Catorce días na nosa conta atrás particular e chegamos ao número 14 do mellor equipo para gobernar Carballo. Daniel Pérez López, ademais de avogado laboralista e de ser unha persoa moi vinculada ao deporte carballés, é o noso experto en substitucións. Entrou a formar parte da corporación municipal por primeira vez en novembro do ano 2011, en substitución de José Manuel García Guillín cando marchou para Estados Unidos, e de novo no 2016 cando Inés Rodríguez renunciou á súa acta de concelleira para centrarse no traballo de responsable local do BNG. A ver se nesta ocasión conseguimos que entre directamente porque así o decidides cos vosos votos.

Aínda que o seu traballo como avogado non lle deixa moito tempo, Dani exerce como concelleiro de Xuventude, forma parte da comisión de festas de San Xoán e tamén representa ao BNG no Consello Parroquial de Razo, unha parroquia á que está moi vinculado. Como todos os seus compañeiros e compañeiras, Dani é unha persoa comprometida co noso concello porque tamén leva Carballo na cabeza e no corazón.