Outro ano máis, o grupo parlamentar do PP vén de amosar o seu tan cacarexado carácter dialogante e positivo votando NON na Comisión 3ª Economía, Facenda e Orzamentos, a todas e cada unha das emendas parciais presentadas polo grupo parlamentario do BNG ao Proxecto de lei de orzamentos xerais da Galiza para o ano 2022.

Agás sorpresa maiúscula, o martes próximo ratificarase no pleno orzamentario do Parlamento a negativa do PP a incluír nas contas do 2022 partidas orzamentarias destinadas a acometer obras que, por unha banda son demandas históricas da Costa da morte e Bergantiños, e por outra, constitúen actuacións imprescindíbeis e urxentes.

Así, o PP rexeitou as seguintes emendas do BNG relativas a actuacións para as comarcas de Bergantiños e Costa da Morte:

* Bergantiños

1 – Creación dunha nova unidade xudicial para Carballo

2 – Posta en valor do Camiño de Santiago a Muxía, por Brandomil.

3 – Promoción “Buño, vila oleira”

4 – Proxecto autocaravanas para Laxe

5 – Plan Impulso obras de variantes e circunvalacións para mellorar seguridade viaria e desvío do tráfico en núcleos urbanos: Circunvalación de Carballo, A Laracha e Paiosaco.

6 – Estudo rescate AG-55 Carballo-A Coruña

7 – Ambulancia Servizo Soporte Vital Avanzado (SVA) para Carballo.

8 – Proxecto e execución 1ª fase do segundo Centro Saúde Carballo

9 – Proxecto ampliación dique e mellora seguridade porto de Malpica

10 – Proxecto continuación porto de Laxe

11 – Desenvolvemento Polígono Industrial Bértoa (Carballo)

12 – Ciclo integral da auga e abastecemento Baldaio (Carballo)

13 – Saneamento integral Laxe

14 – Dragaxe e limpeza integral da lagoa de Traba ( Laxe)

15 – Mellora da seguranza, accesibilidade e mobilidade peonil e ciclista na rede viaria autonómica na Costa da Morte (Humanización travesía Coristanco)

16 – Dotación centro de Día Laxe

* Costa da Morte

1 – Posta en marcha do Plan Director Cabo Fisterra e a elaboración do Plan Director Cabo Touriñán

2 – Proxecto Rías, de rexeneración integral de rías coma as de Corcubión, Muxía e Camariñas.

3 – Acceso Porto de Brens (Cee)

4- Continuación da Autovía da Costa da Morte

5 – Novo centro saúde Fisterra

6 – Novo centro saúde Cee

7 – Novo centro saúde Baíñas (Vimianzo)

8 – Dotación material e persoal no Hospital de Cee

9 – Plan de prevención lumes Costa da Morte

10 – Dotación sistemas operatividade heliporto Ruibo-Cee

11 – Dotación porto de Brens- Cee de base equipamento loita contra contaminación mariña

12 – Reapertura centro expedición marisco lonxa de Fisterra

13 – Proxecto execución porto deportivo Fisterra

14 – proxecto execución porto mixto deportivo Corcubión

15 – Actuación para embarcacións baixura, marisqueo e deportivas porto xacobeo de Cereixo (Vimianzo)

16 – Mellora abastecemento e saneamento no rural Camariñas, Vimianzo e Lariño (Carnota)

17 – Saneamento integral Val do Carnés e Cereixo (Vimianzo)

18 – Dotación Centro de Día de Corcubión

19 – Construción Centro de Día en Cee

Ante uns orzamentos da Xunta de Galiza para o 2022 que, un ano máis, non contemplan actuacións imprescindíbeis é vitais para estas dúas comarcas, orzamentos que constatan que para o PP nin Bergantiños nin a Costa da Morte son prioritarias, o BNG presentou unha batería de emendas que teñen por obxectivo cubrir eivas estruturais, demandas históricas e actuacións inaprazábeis, por urxentes, que existen na nosa zona.

“Ante uns orzamentos da Xunta de Galiza que parecen amosar un descoñecemento absoluto e inxustificábel das necesidades e prioridades das dúas comarcas, e que confirman que non existe vontade política algunha do PP por cubrilas, o BNG seguirá reivindicando uns investimentos reais e xustos para Bergantiños e Costa da Morte”, anuncia o deputado Daniel Pérez.