Neste momento estás a ver O BNG reforza o seu compromiso con Bergantiños a través da renovación do seu Consello Comarcal

O BNG reforza o seu compromiso con Bergantiños a través da renovación do seu Consello Comarcal

O BNG vén de renovar e reforzar o Consello Comarcal de Bergantiños como primeiro paso de cara a agrandar a base do nacionalismo e contribuír, tamén dende a nosa comarca, ao cambio político que Galiza precisa para seguir avanzando. A participación activa da militancia nun proceso democrático sen comparación na política estatal, e no que é a militancia a que decide dende cada localidade e cada comarca a liña política da organización para os vindeiros anos, culminou coa elección de Marcos Trigo Facal como responsable comarcal.

O concelleiro carballés recolle o relevo de Xosé Regueira, que ocupou o posto de responsable comarcal no período 1999-2007 e dende o ano 2016 ata agora, e que continúa como membro do Consello Comarcal tras recibir o recoñecemento do seu sucesor e do conxunto da militancia polo traballo desenvolvido.

Xunto con Marcos Trigo, no Consello Comarcal do BNG de Bergantiños figuran as seguintes persoas:

  • Carolina Castiñeiras (A Laracha), vice-responsable comarcal
  • Xoán Sande (A Laracha), responsable de organización
  • Leticia Varela Naya (Malpica), responsable de acción feminista
  • Milagros Lantes (Carballo)
  • Daniel Pérez (Carballo)
  • Fátima R. Gonzálvez (Ponteceso)
  • Antonio Andrade (Coristanco)
  • Maruxa Suárez (Carballo)
  • Xosé Regueira (Carballo)
  • Miguel Varela (Malpica)
  • Lucía Veciño (Ponteceso)
  • Xosé M. Pose (Laxe)
  • Inés Rodríguez (Carballo)
  • David Cancela (Cabana)
  • Benedicto Viña (Carballo)
  • Dores Silveira (Carballo)
  • Evencio Ferrero (Carballo)

Na imaxe non están todas as que son pero son todas as que están: persoas comprometidas co territorio e coas súas xentes, persoas con traxectorias políticas tan contrastadas, e mesmo exemplares, coma Evencio Ferrero, Milagros Lantes, Xoán Sande ou Xosé Regueira, anterior responsable comarcal; persoas que achegan a experiencia da xestión en distintas administracións, ou persoas que por primeira vez danlle voz á nosa comarca no Parlamento de Galiza, como Daniel Pérez. Dende as diferentes responsabilidades e dende os distintos concellos, todas as persoas que forman parte do Consello Comarcal do BNG de Bergantiños teñen en común a defensa do traballo en equipo, e dende o nacionalismo, para que na nosa comarca se xeren oportunidades de emprego, recursos para as familias e un desenvolvemento sostible do territorio que nos permitan seguir avanzando cara a Galiza que queremos.