Raquel Garza chega á casa pasadas as 23.00 horas cando ten quenda de tarde no xeriátrico da Coruña no que traballa coma xerocultora. A nosa candidata número 17 cambiou de profesión despois de máis de vinte anos dedicada ao comercio, así que coñece dous sectores que son prioritarios no programa e na acción de goberno do BNG: a atención aos maiores e a promoción dos principais sectores económicos do noso concello, entre os que figura o comercio.
Aínda que naceu na parroquia de Carballo leva 27 anos vivindo en Sísamo, e está tan integrada nesta parroquia que participa activamente tanto na Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo coma no Consello Parroquial. Porque Raquel é unha das persoas que levamos Carballo na cabeza e no corazón.