Neste momento estás a ver Gelucho De la Fuente Subiela, número 16 da candidatura do BNG

Gelucho De la Fuente Subiela, número 16 da candidatura do BNG

No número 16 da candidatura do BNG figura unha das persoas que mellor coñece o noso litoral. Non hai recuncho da zona de Baldaio que se lle resista a Ángel De la Fuente Subiela, o noso Gelucho.

Aínda que pasou moitos anos na emigración, nunca perdeu a vinculación coa súa terra nin o interese por mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas, e nesas anda dende que retornou. Gelucho, que agora é pensionista, é unha desas persoas ás que sempre se pode acudir e que sempre está disposta a botar unha man e a buscar a mellor solución aos problemas, e unha das persoas que forman parte do mellor equipo para gobernar o noso concello.