Avanzamos na candidatura do BNG de Carballo ata o número 18 para presentarvos a Carlos López, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago, profesor no IES Agra de Leborís da Laracha e veciño de Razo.
Carlos é deportista, un gran lector (sobre todo de ensaio político e histórico) e un gran amante do cine clásico. E ademais é unha persoa comprometida co pobo e co mundo no que vive, e por iso non podía faltar no mellor equipo para gobernar o noso concello, porque leva Carballo na cabeza e no corazón.
“Creo que a xente da rúa, a xente ordinaria, “normal”, coa que nos cruzamos na rúa todos os días, non os grandes herois, temos a posibilidade de transformar a realidade que nos toca vivir con pequenas accións e xestos, comprometéndonos na medida das nosas posibilidades con esa idea”. Co voso apoio tentaremos converter o desexo de Carlos, que é o de todas e todos, en realidade.