Somos moitas as persoas comprometidas con Carballo, que levamos o noso pobo na cabeza e no corazón e que nos sentimos orgullosas de traballar para que cada vez sexa un mellor lugar no que vivir.
A este equipo cada vez máis numeroso vén de sumarse o noso candidato número 20. César Souto, graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, desembarca na política disposto a aprender e a traballar polos demais. Algo ao que está moi afeito, porque despois de formar parte de Protección Civil como voluntario primeiro, e como profesional despois, na actualidade é bombeiro no Parque Comarcal da Costa da Morte.
Con persoas implicadas socialmente e comprometidas con Carballo e con Galiza estamos a formar o mellor equipo para gobernar o noso concello, e César é unha delas.