Con Sandra Santos Suárez podemos utilizar a palabra fichaxe, porque a nosa número 1️⃣9️⃣ é xogadora do Balonmán Goldie Xiria, e xa se sabe que no mundo do deporte sempre hai interese por coñecer as fichaxes de cada equipo. No mellor equipo para gobernar o noso concello todas son excelentes fichaxes, as mellores.
Ademais de deportista, Sandra tamén é afeccionada á música tradicional. Dá clases de pandeireta en Entrecruces, a súa parroquia, e baila nun grupo de Carballo.
Xunto a todo ese traballo a prol do deporte e da cultura, Sandra exerce como profesora de secundaria. Licenciada en Matemáticas e Técnico superior en Administración de Redes, é unha persoa comprometida co ensino e co seu pobo. Froito dese compromiso chega á nosa candidatura, disposta a traballar para seguir mellorando as nosas 18 parroquias, porque Sandra tamén é unha das persoas que levamos Carballo na cabeza e no corazón ❤️