O seu segundo apelido é Pose, pero ben podería ser O’Mighelo, porque é o que sempre aparece despois de Miguel Anxo Calvo. O feito de ter un nome artístico obedece a que o noso candidato número 24 é un artista, e ademais dos bos. En Carballo debémoslle murais coma “Cara liberdade”, na rúa Vila de Negreira, ou esculturas coma a homenaxe á emigración na que reconverteu, xunto con Isa Fernández, o vello ciprés derrubado por un temporal no Xardín Municipal e xunto ao que posa, transformado en creación artísitca, no Parque Rego da Balsa.
Miguel Anxo Calvo, veciño da parroquia de Cances, é un artista autodidacta e multidisciplinar, cun forte compromiso artístico, social e político, e que, como todas as persoas que forman parte do mellor equipo para gobernar o noso concello, leva Carballo na cabeza e no corazón.