O deporte e a arte son dúas paixóns de Juan M Seoane Collazo. Pero ten outras dúas, que se chaman Pablo e María, e que constitúen a causa principal da súa implicación política. Juan medrou no Carballo que herdamos da dereita da desfeita, o que derrubou os símbolos do noso pobo, pero opina que o BNG foi quen de construír novos símbolos e de sentar as bases dun Carballo do que nenos e nenas como Pablo e María poidan sentirse orgullosos.
O número 5 da nosa candidatura é licenciado en Historia da Arte, autónomo do sector da construción e director deportivo do Club Ciclista Carballo, e temos o convencemento de que esa capacidade de adaptación e de implicación en todo o que fai converterá a Juan nun excelente concelleiro. Porque, ademais de todo iso, cumpre o requisito máis importante para formar parte do mellor equipo pagar gobernar este concello, que é levar Carballo na cabeza e no corazón.