Unha das caras novas que se incorporan á candidatura do BNG de Carballo é a de Maruxa Suárez Cotelo. Así de “risueña” como a vedes na fotografía atoparédela a maior parte do tempo, e iso que entre o seu traballo, a familia, as afeccións e a política non lle queda tempo para case nada! Pero Maruxa é todo optimismo, ilusión e un tremendo entusiasmo que contaxia alá por onde pasa.
A nosa número 6 é novata na política, pero ten moita experiencia no ámbito da educación. É diplomada en Maxisterio, licenciada en Psicopedagoxía e traballa coma mestra de educación infantil e orientadora na escola infantil máis veterana de Carballo. Ademais, os nenos e nenas que pasan polas súas mans reciben unha dose extra de benestar, porque Maruxa tamén é monitora de masaxe Shantala. E se sodes asiduos/as ao teatro tamén a veredes actuando na Aula de Teatro Municipal, da que forma parte.
No BNG temos claro que estaba predestinada a formar parte do mellor equipo para gobernar este concello, porque ademais de todo o que acabamos de contarvos, Maruxa leva Carballo na cabeza e no corazón