Carballo ten a sorte de contar cunha persoa coma Luis Lamas, e no BNG temos a inmensa fortuna de que forme parte do mellor equipo para gobernar o noso concello. Polo seu carácter, polo seu optimismo, pola súa dedicación, polo seu compromiso… Luis é irrepetible.
Ninguén coñece mellor o concello de Carballo que o noso concelleiro todo-terreo por excelencia. Cada recuncho, cada casa, cada regato e case, case a cada veciño e veciña das nosas parroquias. Profesionalmente ligado ao sector primario, e persoalmente vinculado ás parroquias de Sofán e Artes, o número 7 da candidatura do BNG é unha persoa comprometida co desenvolvemento sostible do noso territorio e coa mellora da calidade de vida da veciñanza de todas e cada unha das 18 parroquias, porque Luis Lamas tamén leva Carballo na cabeza e no corazón.