Neste momento estás a ver Coñece aos nosos candidatos e candidatas: Juan Antonio Pichel

Coñece aos nosos candidatos e candidatas: Juan Antonio Pichel

Carballo é terra de emigrantes, terra de mulleres e homes como Juan Antonio Pichel Suárez, o noso candidato número 3️⃣0️⃣

Dende o seu retorno á parroquia de Entrecruces, onde vive, Pichel vén traballando dende a Asociación de Traballadores Antigos Emigrantes da Costa da Morte polos dereitos de tantos galegos que tiveron que marchar lonxe da súa terra na procura dunha vida mellor.

O noso desexo é que ninguén máis se vexa na obrigación de emigrar. Por iso confiamos en persoas coma Pichel para conformar o mellor equipo para gobernar Carballo. Un equipo de mulleres e homes que, a calquera lugar onde nos leve a vida, levamos Carballo na cabeza e no corazón.