Neste momento estás a ver Coñece aos candidatos e candidatas do BNG de Carballo: Xosé Buño

Coñece aos candidatos e candidatas do BNG de Carballo: Xosé Buño

Presentámosche ás mulleres e aos homes que conforman o mellor equipo para gobernar Carballo, mulleres e homes que levamos Carballo na cabeza e no corazón.

3️⃣1️⃣ Xosé Buño naceu en Carballo o 18 de marzo de 1964 e dende 1986 estivo vinculado á ONCE, primeiro como vendedor en Carballo e despois no equipo de xestión da organización en Galicia. Dende o 30 de xaneiro deste ano está xubilado, así que ten máis tempo para dedicarse á música e á lectura, as súas principais afeccións, e para desfrutar da variada e intensa actividade cultural do noso pobo.

“Da política -di- espero poder contribuír á erradicación de todo tipo de barreiras físicas e mentais para que todos poidamos participar nunha sociedade plenamente inclusiva”. E nós con el.

Se ti tamén queres unha sociedade sen barreiras, inclusiva e igualitaria, únete ás persoas coma Xosé. Únete ao BNG!