Neste momento estás a ver O BNG de Bergantiños aproba por unanimidade os documentos políticos para a Asemblea Nacional dos días 25 e 26

O BNG de Bergantiños aproba por unanimidade os documentos políticos para a Asemblea Nacional dos días 25 e 26

ASEMBLEA COMARCAL 9 MARZO 2017

O luns 13 rematará o prazo para comunicar as emendas aprobadas nas asembleas comarcais á proposta de documentos políticos para a XVI Asemblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego, que se celebrará os días 25 e 26 deste mes na Coruña. Dende Bergantiños non se presentará ningunha, xa que a proposta foi aprobada por unanimidade na asemblea comarcal celebrada en Carballo, e na que houbo representación dos distintos concellos.

Segundo o calendario establecido, o 20 de marzo rematará o prazo para presentar candidaturas ao Consello Nacional. A Asemblea Nacional do BNG comezará o sábado 25 ás 10.00 horas no Palexco, onde estará representada a comarca de Bergantiños.

O responsable comarcal do BNG, Xosé Regueira, fixo un chamamento a toda a militancia a participar activamente no proceso, que deberá culminar co fortalecemento do BNG para encarar #untemponovo.