Neste momento estás a ver Inés Rodríguez continuará como responsable local do BNG de Carballo

Inés Rodríguez continuará como responsable local do BNG de Carballo

Inés Rodríguez Muíño continuará como responsable local do BNG de Carballo. A concelleira de Normalización Lingüística e Participación Veciñal encabeza a candidatura de consenso que se presentará o vindeiro xoves 28 na asemblea aberta a toda a militancia para a renovación do consello local.

Inés Rodríguez é responsable local do BNG dende setembro do 2013, concelleira dende xaneiro do 2014 e membro do consello comarcal do BNG de Bergantiños elixido recentemente. Natural de Guntián (Sofán), é diplomada en Empresariais e ten o seu propio negocio en Carballo.

A asemblea local do BNG está convocada para o día 28 ás 21 horas no local comarcal da rúa Hórreo. Na orde do día, ademais da elección do novo consello local, figuran un apartado de información municipal e outro de rogos e preguntas.