O deputado do BNG Daniel Pérez vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento da Galiza a través das cales esixe á Xunta que avance no proxecto da circunvalación de Carballo, unha obra imprescindible e clave para mellorar a competitividade empresarial da zona e que, pero da que o PP só se lembra en períodos electorais para volver gardar nun caixón despois das votacións. E, así, os retrasos sobre os prazos anunciados pola propia Xunta xa superan os dous anos.
E, mentres tanto, máis de 700 nenos e nenas acoden cada día ao CEIP Fogar e unhas 12.000 persoas utilizan ao mes o na pavillón e a piscina Vila de Noia, unhas instalacións que “conviven ou máis ben malviven co tránsito continuo de camións, co perigo que isto supón”.
Nas iniciativas rexistradas na Cámara galega, o BNG urxe á Xunta que termine “de forma inmediata” a redacción do proxecto e tamén reclama que se incorpore nos orzamentos de 2025 unha partida destinada á súa execución de, canto menos, cinco millóns de euros.
Ademais, pregunta ao Goberno galego se considera prioritaria esta infraestrutura e interésase por se existe algún problema na execución da redacción do proxecto que xustifique “dous anos en punto morto”.
Podes descargar as iniciativas aquí: