Neste momento estás a ver Comezamos a campaña electoral con cheo na parroquia de Goiáns, na que medra a preocupación polo abandono da AC-414 por parte da Xunta

Comezamos a campaña electoral con cheo na parroquia de Goiáns, na que medra a preocupación polo abandono da AC-414 por parte da Xunta

O BNG encheu o local da escola de Xoane no primeiro dos 17 encontros coa veciñanza que levaremos a cabo ao longo da campaña electoral para presentar #omellorparacarballo, un programa que reúne as nosas propostas para seguir facendo de Carballo un bo lugar para vivir e que dividimos en catro grandes áreas: o mellor para as persoas, un espazo público de calidade, capacidade para xerar oportunidades e compromiso cun futuro máis sostible.

Pero ademais de presentar o noso programa, un documento imprescindible en calquera campaña electoral, no BNG tamén rendemos contas do traballo realizado, e na parroquia de Goiáns, como faremos en todas, repartimos entre a veciñanza un folleto que recolle parte do traballo desenvolvido nestes últimos catro anos e os proxectos en marcha. O máis importante, sen dúbida, é a construción do centro social, que por fin arrincará nas vindeiras semanas cun investimento de 354.956,95 euros.

Entre as actuacións realizadas nos últimos catro anos destacamos o aglomerado da estrada de Xoane ao Piñeiro e a extensión da rede de abastecemento de auga ata Xoane, que seguiremos ampliando agora ata O Piñeiro e Goiáns de Arriba cun investimento, xa aprobado, de 150.000 euros.

Pero para a veciñanza da parroquia, tal como se puxo de manifesto no encontro electoral deste venres, a prioridade é o arranxo da estrada autonómica AC-414, que cruza o núcleo de Xoane. A situación de abandono da vía centrou as intervencións e queixas das persoas asistentes ao acto electoral, no que interviron Xosé Ramón Brandón, vice-responsable local do BNG; Maica Ures, concelleira e número 8 da candidatura, e Evencio Ferrero. O alcalde e candidato á reelección explicou as numerosas xestións realizadas nos últimos anos para intentar acadar un acordo coa Xunta de Galicia e amosou, unha vez máis, a disposición do Concello de Carballo a asumir a titularidade da vía sempre que a Administración autonómica, como responsable da mesma, realice antes as melloras imprescindibles.

Descarga aquí  O mellor para Goiáns