Neste momento estás a ver Ana Pontón participou na asemblea comarcal do BNG de Bergantiños

Ana Pontón participou na asemblea comarcal do BNG de Bergantiños

A nosa portavoz nacional, Ana Pontón, participou na asemblea comarcal do BNG, na que se valoraron os resultados das eleccións galegas, un xesto pouco habitual que para o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, demostra a importancia que ten a comarca para o proxecto nacionalista.

Ana Pontón destacou o potencial do Bloque en Bergantiños e o apoio histórico en Carballo nunhas eleccións autonómicas, conseguindo un de cada tres votos emitidos na zona. De feito, destacou que os bos resultados obtidos polo BNG nas autonómicas débense a ese aceno de identidade que para os nacionalistas é Carballo e o seu modelo de xestión. “Chegamos aquí en parte porque copiamos ou modelo de Carballo”, asegurou.

Así mesmo, expresou a súa satisfacción de contar unha lexislatura máis coa presenza do carballés Daniel Pérez na bancada nacionalista que será “a voz de moitas das demandas desta comarca”. Ademais, asegurou que o BNG manterá o seu compromiso con Bergantiños e porá sobre a mesa o proxectos estratéxicos para a comarca como a circunvalación de Carballo, ou a necesidade de ampliar o chan empresarial.