Neste momento estás a ver Carballo e A Laracha serán as sedes das eleccións primarias da Iniciativa pola Unión na comarca de Bergantiños

Carballo e A Laracha serán as sedes das eleccións primarias da Iniciativa pola Unión na comarca de Bergantiños

A pontecesá Lucía Vecino é candidata á lista para o Congreso

O domingo celébranse as eleccións primarias da Iniciativa pola Unión, nas que as persoas que se inscribiron para participar no proceso elixirán ás que integrarán as listas provinciais de Nós Candidatura Galega para as eleccións xerais do 20 de decembro. Na comarca de Bergantiños as mesas electorais estarán situadas no Pazo da Cultura de Carballo para os e as votantes de Cabana, Coristanco, Laxe, Malpica, Ponteceso e Carballo, e na Perruquería D’Caro de Paiosaco para os da Laracha. O horario das votacións será de 11 a 15.

Os censos están formados polas persoas que se inscribiron no prazo establecido, e que poderán elixir aos candidatos/as ao Congreso e ao Senado en listas abertas. Haberá tres papeletas e tres urnas diferentes: unha para elixir á persoa que encabezará a candidatura ao Congreso, á que optan pola provincia da Coruña Carlos Callón e Tereixa Novo; outra para escoller ás outras catro persoas candidatas ao Congreso, e unha terceira para designar ás dúas que formarán a candidatura ao Senado.

A mesa de Carballo estará formada por Benedito Viña, Begoña Moscoso e Zaira Caamaño. Na de Paiosaco estarán Xoán Sande, Carolina Castiñeiras e Óscar Calvo.