O grupo municipal do BNG de Carballo defenderá no próximo pleno unha moción relativa á incerteza provocada pola Xunta de Galiza, tanto na comunidade educativa coma nos concellos, ao eludir as súas responsabilidades como única Administración competente tanto en materia de educación coma de sanidade.
Resúltanos inadmisible que por parte do Goberno do PP se anuncie para a segunda semana de setembro, na que debería comezar o curso, un “protocolo definitivo”, o que demostra unha absoluta falta de planificación que, xunto á carencia dos medios que esixe a actual situación sanitaria, repercutirá negativamente no alumnado, no profesorado e nas familias.
Para o BNG de Carballo, a educación pública sempre foi e seguirá sendo unha prioridade, e nese sentido seguiremos esixindo que por parte da Administración competente se tomen as medidas precisas para garantir un ensino de calidade coas imprescindibles condicións de seguridade sanitaria.
Descarga a moción aquí.