Neste momento estás a ver O consello local do BNG de Carballo refórzase con incorporacións que achegan xuventude e experiencia

O consello local do BNG de Carballo refórzase con incorporacións que achegan xuventude e experiencia

A asemblea local do BNG aprobou por unanimidade á candidatura ao consello local encabezada por Inés Rodríguez Muíño, que renova como responsable local coa intención de “darlle un novo pulo á organización, neste momento pensando sobre todo nas próximas eleccións”, segundo comentou na presentación do seu equipo. O consello local do BNG renóvase e refórzase con cinco incorporacións que achegan, sobre todo, xuventude e experiencia na dinamización social. De feito, un dos obxectivos marcados pola asemblea é potenciar a participación da xente moza na organización, unha tarefa da que se encargarán con especial interese Verónica Naya Rama, administrativa e membro da xunta directiva do club Sysca, e Irene García Areosa, técnica de Turismo, dúas das cinco persoas que se incorporan ao consello local e que ademais compartirán a responsabilidade de Mocidade.

web3
Inés Rodríguez e José Ramón Brandón

Tamén entran a formar parte do consello Miguel Ángel Vales Mallo, concelleiro de Medio Ambiente, e José Daniel Pérez López, que se incorporará á corporación en substitución de Inés Rodríguez tan pronto como reciba a súa acta de concelleiro. A quinta novidade é Juan Seoane Collazo, empresario e director deportivo do Club Ciclista Carballo, que ademais será responsable local de Deportes.

A experiencia política e de xestión tamén está garantida no novo consello local. Por unha banda, o goberno municipal contará con catro representantes, xa que Maica Ures, concelleira de Igualdade e Benestar, e Mar Eirís, concelleira de Educación e Festas, repiten. A primeira asume, así mesmo, a responsabilidade de Organización. Benedicto Viña é o novo responsable de Finanzas do consello local e Begoña Moscoso, de Igualdade. Tamén continúan no consello Dores Silveira e José Ramón Brandón, que ademais asume o cargo de vicerresponsable local.

O novo equipo celebrará xa en agosto a súa primeira xuntanza.

Na asemblea local do xoves pola noite, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, realizou un breve balance do primeiro ano de mandato e informou ás persoas asistentes sobre distintos proxectos que están en marcha nestes momentos no Concello. Evencio Ferrero felicitou a Inés Rodríguez e ao resto do consello, e animounos a asumir as súas novas responsabilidades traballando cada día máis pola apertura da organización a toda a sociedade.

web 1
De esquerda a dereita, Dores Silveira, Irene García, Begoña Moscoso, Maica Ures, Inés Rodríguez, Ramón Brandón, Verónica Naya, Mar Eirís e Juan Seoane. Benedicto Viña, Daniel Pérez e Miguel Vales non puideron asistir á presentación por motivos laborais.

Esta é a composición do novo consello local:

  1. Inés Rodríguez Muíño, Responsable Local
  2. José Ramón Brandón Negreira, Vicerresponsable Local
  3. Maica Ures García, Organización
  4. Benedicto Viña Costa, Finanzas
  5. Begoña Moscoso Varela, Igualdade
  6. Juan Seoane Collazo, Deportes
  7. Irene García Areosa, Mocidade
  8. Verónica Naya Rama, Mocidade
  9. José Daniel Pérez López
  10. Mar Eirís Villar
  11. Miguel Ángel Vales Mallo
  12. Dores Silveira Sande