Neste momento estás a ver Inés Rodríguez Muíño renova como responsable local do BNG de Carballo

Inés Rodríguez Muíño renova como responsable local do BNG de Carballo

A asemblea local do BNG aprobou a candidatura ao consello local encabezada por Inés Rodríguez Muíño, que renova como responsable local xunto co resto dos membros do seu equipo. A militancia opta deste xeito pola continuidade dun equipo caracterizado pola xuventude, por unha banda, e a experiencia política, por outra, xa que entre os integrantes do consello figuran sete persoas que tiveron ou teñen responsabilidades no goberno municipal.

ines e ramon

Na asemblea local, celebrada o xoves á noite, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, informou á militancia sobre distintos proxectos que están en marcha nestes momentos no Concello. Así mesmo, animou a Inés Rodríguez a ao resto do consello a seguir traballando pola apertura da organización a toda a sociedade.

O consello local do BNG de Carballo está integrado polas seguintes persoas:

  • Inés Rodríguez Muíño, responsable local
  • José Ramón Brandón Negreira, vicerresponsable Local
  • Maica Ures García, responable de Organización
  • Benedicto Viña Costa, Finanzas
  • Begoña Moscoso Varela, Igualdade
  • Juan Seoane Collazo, Deportes
  • Irene García Areosa, Mocidade
  • Verónica Naya Rama, Mocidade
  • José Daniel Pérez López
  • Mar Eirís Villar
  • Miguel Ángel Vales Mallo
  • Dores Silveira Sande