O BNG está inmerso na preparación das dúas grandes citas que se aveciñan e que centraron a asemblea comarcal celebrada o venres pola noite en Carballo: a celebración do Día da Patria e as eleccións autonómicas. Na xuntanza participaron, en representación da Executiva Nacional, Rubén Cela, Raquel Suárez e Carlos Ansoar, que animaron á militancia a implicarse no proceso Adiante e a traballar de cara á próxima convocatoria electoral, na que o BNG se propón mellorar a súa representación no Parlamento Galego. O responsable comarcal de Bergantiños, Xosé Regueira, pola súa banda, louvou o “traballo magnífico” realizado por Paco Souto e Lucía Veciño na recente campaña das Eleccións Xerais e destacou a presenza que o BNG tivo nas rúas da comarca, “ao máis alto nivel”.

Pero a cita inminente é a do 25 de xullo, que o BNG quere converter na gran festa do nacionalismo galego. A comarca de Bergantiños participará na concentración que partirá da Alameda de Santiago ás 12.00 horas co lema “Galiza viva”. Será un acto cargado de simbolismo e emotividade, e no que demostraremos, como apuntou Rubén Cela, que “o BNG sigue sendo necesario”.