Begoña Moscoso Varela leva moito tempo demostrando o seu compromiso co BNG – Bloque Nacionalista Galego, con Carballo e con Bergantiños, tanto figurando na nosa candidatura coma co seu traballo nos consellos local e comarcal do BNG.
Begoña, administrativa de profesión, traballa na actualidade de maneira interina como persoal de servizos xerais no centro de saúde de Baio.
A defensa da sanidade pública é unha das súas prioridades, e por iso insiste na necesidade de recuperar os 2.000 millóns de euros recortados polo PP nos últimos dez anos, convocar todas as prazas vacantes no Sergas, recuperar as xerencias en atención primaria con autonomía real e orzamentos, cubrir todas as substitucións, dotar de máis recursos os PACs e máis persoal especializado e de pediatría.