Ramón Varela Rodríguez, ou Ramón Do Serrador, como prefirades, desembarca na candidatura do BNG porque está convencido de que é a mellor opción “para mellorar a calidade de vida da xente, especialmente da que vive no rural”.
Este mozo da parroquia de Oza vén de graduarse no máster de avogacía pola USC e está preparando oposicións.
A súa segunda casa é o Centro Social, onde desenvolve un importante labor como dinamizador cultural. Compaxina a investigación e a formación no eido da música e da cultura tradicionais, outra das súas paixóns e outro dos motivos polos que decidiu dar un paso adiante dende o número 22 da nosa candidatura, para traballar co mellor equipo para gobernar Carballo na dinamización e na produción cultural galega e de calidade.
Ramón Varela é outra das persoas que levamos Carballo na cabeza e no corazón.