A vocación xuvenil de Pilar Trigo Suárez era a perruquería, así que iso foi o que estudou, pero a vida laboral foina levando por outros sectores coma o téxtil ou a axuda no fogar, na que traballa agora mesmo. O que non cambiou co paso do tempo foi o seu compromiso co seu barrio, A Brea; co seu concello, Carballo, e co seu país, Galiza.
Hoxe presentámosvos a Pila, a nosa número 23, á que mesmo podedes ver paseando pola Ruta das Férvedas, coma na imaxe, ou colaborando co deporte carballés nas canchas de xogo. Ela forma parte do mellor equipo para gobernar o noso concello, porque tamén leva Carballo na cabeza e no corazón.