Xosé Regueira é o novo responsable do BNG de Bergantiños. A asemblea comarcal apoiou por unanimidade a candidatura liderada polo concelleiro de Promoción Económica de Carballo e responsable de Cooperación, Plans provinciais xerais, Asistencia a municipios, Turismo e Patrimonio histórico-artístico na Deputación da Coruña, que na súa primeira intervención ante a militancia pediu o “compromiso” dos compañeiros e compañeiras para asumir os retos inmediatos que ten por diante o BNG, abrir a organización á sociedade bergantiñá e traballar para ser quen de ilusionar á cidadanía.

A renovación do consello comarcal do Bloque Nacionalista Galego tivo lugar na asemblea celebrada este venres pola noite na sede de Carballo, na que se deron cita simpatizantes e representantes dos consellos locais nos distintos concellos bergantiñáns. A militancia apostou pola experiencia política e pola capacidade de xestión que vén demostrando Xosé Regueira tanto no Concello de Carballo como na Deputación da Coruña para liderar a organización na comarca no actual proceso Adiante, un proceso de refundación que ten como obxectivos, a un ano vista, a actualización do discurso do proxecto do BNG, a recuperación do pulso social e o ensanchamento da base social do nacionalismo.
Xosé Regueira presentou unha candidatura paritaria, con representación dos diferentes concellos bergantiñáns e cun importante peso específico de Carballo. Como consecuencia, a composición do consello comarcal do BNG é a seguinte:
- Xosé Regueira, portavoz
- Xulia Mira, viceportavoz
- Benedito Viña, responsable de finanzas
- Maica Ures, responsable de muller
- Marcos Trigo, responsable de organización
- Zaira Caamaño, responsable de mocidade
- David Rodríguez, responsable de política medioambiental
- Inés Rodríguez, responsable de política municipal
- Xoán Sande
- Carolina Castiñeiras
- Paco Souto
- Begoña Moscoso
- David Cancela
- Lucía Veciño
- Carlos Penedo