Ansoáin, Arahal, Ciudad Real, Córdoba, Irún, La Puebla de Cazalla, La Rinconada, Mahón, Melilla, Olvera, Ponferrada, Pontevedra, Puerto del Rosario, Puerto Real, Sant Andreu de la Barca, Sevilla, Tomelloso, Torrelodones, Torres Vedras, Valladolid, Villanueva de la Serena, Vitoria, Zalla e agora tamén Carballo son os 24 concellos que integran a Rede de Cidades que Camiñan, unha asociación que ten como principal finalidade o fomento da mobilidade peonil mediante accións vinculadas á participación social, o medio ambiente, a accesibilidade universal ou a seguridade viaria.
Milagros Lantes, no II Congreso Cidades que Camiñan, |
O goberno municipal do BNG aposta decididamente pola mobilidade peonil. Probas dilo son a creación neste mandato da área de Mobilidade, que dirixe a concelleira Milagros Lantes Seara, e a integración de Carballo na rede internacional das Cidades que Camiñan, que xa contou con participación carballesa nos congresos celebrados ata o momento, o último este mesmo mes en Torres Vedras (Portugal). Agora o noso concello non só se integra coma membro de pleno dereito, senón que ademais entrará a formar parte da xunta directiva.
O Concello de Pontevedra é pioneiro en Galiza na posta en marcha de medidas de fomento da mobilidade peonil e un referente internacional nesta materia. Carballo, que se converte no segundo concello galego na Rede de Cidades que Camiñan, vén implementando nos últimos anos accións que van na mesma liña, coma o Pedibús, o Metrominuto ou a redución da velocidade dos vehículos a 30 e 20 Km/hora en determinadas rúas, sempre coa filosofía de que a mobilidade urbana debe ser máis segura e sostible.
Neste enlace podedes ler o artigo da nosa concelleira de Mobilidade que publica hoxe La Voz de Galicia