A pegada de carteis marcou o comezo dunha campaña electoral especialmente importante para os intereses de Galiza. Máis que nunca, precisamos ter voz propia no Parlamento do Estado, e co apoio de todas e todos ímolo conseguir.
Lucía Vecino, na pegada de carteis en Carballo |
En Bergantiños estamos volcados coa nosa candidata, a pontecesá Lucía Vecino, que participou en Carballo na tradicional pegada arroupada por militantes e simpatizantes de toda a comarca. Ela é a forza do noso pobo!
Nos vindeiros días iremos informando dos actos electorais que levará a cabo NÓS-Candidatura Galega en Bergantiños. Ide apuntando xa as primeiras citas:
- Domingo, 6: feira de Paiosaco (a partir das 11 horas)
- Sábado, 12: mitin en Ponteceso
- Domingo, 13: reparto do boletín O Anllóns na feira de Carballo
- Luns, 14: mitin central en Carballo
- Xoves, 17: Mitin na Laracha