Neste momento estás a ver Galiza Nova de Bergantiños convida á mocidade da comarca a un vermú-coloquio con Daniel Pérez e Carolina Castiñeiras

Galiza Nova de Bergantiños convida á mocidade da comarca a un vermú-coloquio con Daniel Pérez e Carolina Castiñeiras

Galiza Nova de Bergantiños está máis activa ca nunca, e nesta campaña electoral quere trasladar á mocidade da comarca a necesidade da que se implique e participe para que a partir do 18 de febreiro na Galiza haxa un novo goberno, liderado por Ana Pontón, que escoite e atenda as demandas da xuventude.

Entre as diferentes propostas que se van desenvolver ao longo da campaña electoral, para este domingo 4 de febreiro está prevista unha sesión vermú-coloquio que pretende converterse no punto de encontro de toda a mocidade bergantiñá. A partir das 13.00 horas xuntarémonos no xardín municipal de Carballo para bailar con djmisa, compartir un aperitivo e conversar cos candidatos do BNG pola comarca, Daniel Pérez (número 5) e Carolina Castiñeiras (número 14), nun acto conducido por Alberto Liñares, responsable comarcal de Galiza Nova.