O mesmo día que desde a Confederación de Empresarios de Galicia se cualificaba como “prioritaria para Galicia” a construción da variante de Carballo, o candidato número 5 do BNG pola provincia da Coruña, Daniel Pérez, acompañado polo concelleiro de Promoción Económica e vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, mantiña unha xuntanza co empresariado do polígono industrial de Carballo para falar dunha infraestrutura “tantas veces reclamada, tantas veces prometida polo Partido Popular e na que nu nca chegou a moverse unha soa pedra”, como apuntou Daniel Pérez.
Nesa reunión púxose de manifesto, unha vez máis, que tanto para o empresariado como para o BNG hai dúas cuestións fundamentais ás que debe dar resposta o próximo goberno da Xunta de Galicia: a ampliación do polígono de Bértoa e a circunvalación. “Eu creo que socialmente é algo interiorizado, porque son dúas infraestruturas fundamentais para xerar emprego nun concello que ademais é cabeceira de comarca, polo que toda a comarca se vería beneficiada”, indicou o candidato.
Non hai ningunha causa obxectiva para que desde a Xunta se leve dilatando durante tantos anos a ampliación do polígono. E da circunvalación, que dicir, todo o mundo sabe o que supón o tráfico pesado polo Chorís, e eu creo que é unha obra imprescindible, tanto para quitar o tráfico pesado dunha zona escolar e deportiva como para acabar co problema de comunicacións do polígono de Carballo
Daniel Pérez lembrou que Carballo carece de solo industrial. No polígono só quedan tres parcelas dispoñibles, “e isto é un lastre, porque impide que se asenten aquí empresas que xerarían emprego. Non hai ningunha causa obxectiva para que desde a Xunta se leve dilatando durante tantos anos a ampliación do polígono. E da circunvalación, que dicir, todo o mundo sabe o que supón o tráfico pesado polo Chorís, e eu creo que é unha obra imprescindible, tanto para quitar o tráfico pesado dunha zona escolar e deportiva como para acabar co problema de comunicacións do polígono de Carballo”.
No BNG de Carballo compartimos plenamente as reivindicacións do empresariado do polígono de Bértoa e da Confederación Galega de Empresarios, que no seu documento de prioridades sinala tamén que a existencia dunha variante evitaría “moitos do problemas circulatorios que se van producir polos cortes nas pontes da Milagrosa e a rúa Fomento”.
“O único que non ve a necesidade parece ser o Partido Popular, que debería dar explicacións, e como non as dá, é o momento que o pobo galego, a través do voto, lle diga que xa está ben de limitar o crecemento de toda unha comarca por cuestións puramente políticas”, concluíu Daniel Pérez.