Carballo non sería o mesmo sen persoas coma Milagros Lantes, a número 4 da candidatura do BNG, que leva corenta anos comprometida coa defensa do noso país e do noso concello. Ao longo de todo este tempo, ademais de exercer a súa profesión (e vocación) na docencia, Milagros ten ocupado numerosos cargos de responsabilidade política e institucional, tanto no Concello de Carballo, onde neste mandato xestiona as áreas de Contratación, Seguridade Cidadá, Planificación e Mobilidade Urbana, coma na Xunta de Galicia, onde deixou pegada coma delegada provincial da Consellería de Cultura durante o Goberno Bipartito.
Milagros, como Evencio Ferrero, forma parte desa xeración de carballesas e carballeses que viron caer todos os símbolos do noso concello e que tomaron conciencia da necesidade de implicarse politicamente para evitar repetir os erros do pasado e para camiñar con paso firme cara un Carballo mellor, con novos referentes, un bo lugar para vivir.
E por iso volve a formar parte do mellor equipo para gobernar o noso concello, porque Milagros leva Carballo na cabeza e no corazón.