Neste momento estás a ver Galiza Nova Bergantiños conmemora a Semana da Patria con exposicións e obradoiros
Inauguración da exposición Artivismo en Castelao, no xardín municipal de Carballo

Galiza Nova Bergantiños conmemora a Semana da Patria con exposicións e obradoiros

Galiza Nova de Bergantiños quenta motores de cara ao vindeiro 25 de xullo coa exposición Artivismo en Castelao, unha reflexión colectiva que pretende trascender á visión que tradicionalmente se ten do mítico galeguista. Este domingo 13 de xullo, no xardín municipal de Carballo, inauguramos a mostra coas intervencións da nova responsable comarcal da organización, Carolina Pacoret, e do concelleiro de o concelleiro de Mocidade, Feiras e Mercados, Ramón do Serrador,  que conversaron coa veciñanaza que se achegou e compartir unha xornada de feira e activismo cultural.

As actividades continúan o luns 14 nun dos locais laterais do mercado municipal, onde a artista local Isa Bermúdez impartirá un obradoiro artístico de 12 a 13:30 h: Pinta o teu parche con motivo do Día da Patria. A participación é de balde e non é preciso inscribirse previamente.

Finalmente, na Praza do Concello, despregarase o día 18 de xullo a partir das 22:00 unha gran bandeira galega nun acto que pretende visibilizar o compromiso da mocidade bergantiñá coa defensa da terra e do idioma.