Coa convocatoria de eleccións para o 5 de abril, o presidente da Xunta de Galicia desvelou hoxe o misterio da avalancha de visitas de cargos autonómicos que estamos a recibir nos últimos días.
O que non fixeron en dez anos queren facelo en dez días, e como non poden visitar obras, porque os investimentos da Xunta no noso concello son case inexistentes, dedícanse a prometer infraestruturas que xa deberían estar feitas, como a ampliación do polígono de Bértoa, que levamos reivindicando dende hai anos, e que mesmo ten o aval unánime da corporación, ou a circunvalación, cuxa construción figurou xa nos Orzamentos da Xunta, claro que non gobernaba o PP. Xa o deixou claro Feijoo no mitin da campaña das municipales: “Aurelio, si eres alcalde hablaremos de la variante”.
E seguen a acumularse as probas de que non hai un goberno galego, senón un goberno do PP. A nosa educación política non nos permite ir a onde non nos convidan. Sentimos non ter asistido á visita que fixo hoxe a Conselleira de Medio Ambiente ao polígono, pero nesta ocasión tampouco nos convidaron, polo que sentimos non poder ter convocado ao resto dos grupos municipais. Non estivo o grupo maioritario da corporación que está no goberno, pero si un grupo minoritario, o cal volve a demostrar que as visitas dos conselleiros e conselleiras a Carballo non son actos institucionales da Xunta senón do PP.