Aviso Legal

BNG Carballo, Rúa Hórreo, 16 3º Esq. – 15100 Carballo (A Coruña), cuxo teléfono é 981 70 40 63, informa de que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou por medio do correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade, de acordo co estabelecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal. Podes exercer o dereito de acceso ao ficheiro, rectificación, oposición e cancelación dos teus datos. Para iso, podes enviar unha solicitude ao enderezo electrónico “info@bngcarballo.gal“.

Os contidos e informacións non vinculan www.bngcarballo.gal con opinións, consellos ou consellos de calqueira tipo, xa que é só un servizo ofrecido con carácter informativo.
A páxina www.bngcarballo.gal pode conter ligazóns (links) a outros terceiros dos que non pode controlar o seu contido. Polo tanto, www.bngcarballo.gal non pode asumir a responsabilidade polo contido que poida aparecer nestas páxinas.

O texto, imaxes, sons, animacións, software e outros contidos incluídos neste website son propiedade exclusiva de www.bngcarballo.gal ou dos seus titulados. Calquera transmisión, distribución, reprodución, almacenamento ou comunicación pública total ou parcial debe ter o consentimento expreso de bngcarballo.gal

www.bncarballo.gal comprométese a utilizar de xeito responsable e confidencial os datos, garantindo que os datos dos usuarios serán tratados de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados pola organización coas finalidades de comunicación, información e administración. Asimesmo, os datos rexistrados son axeitados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito de actuación e as finalidades de BNG Carballo. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose o BNG o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitase datos falsos.